botavara

botavara

(< botar + vara)

  1. s f [MAR]

    Pao inferior dunha vela cangrexa ou marconi. A botavara apóiase sobre o pao, a pouca altura da cuberta, mediante uns aparellos de ferro que lle permiten tomar todos os ángulos e todas as inclinacións. No peirao, a botavara debe descansar sobre un cabalete en forma de X ou Y, para evitar que se deforme ou se estrague.

  2. s f [MAR]

    Botaló de popa das barcas medianas con respecto ao pau do medio.

Palabras veciñas

botarel | Botas | Botaurus | botavara | 1 bote | 2 bote | 3 bote