Bothe, Walter Wilhelm
Bothe, Walter Wilhelm
Físico experimental. Alumno de Max Planck, foi profesor na Universidade de Giessen (1930-1932) e director do Instituto de Física de Heidelberg (1932-1934). Desenvolveu a técnica das medidas co contador Geiger. En 1930, en colaboración con H. Becker, descubriu unhas radiacións de gran poder de penetración, posteriormente identificadas como grupos de neutróns. Colaborou na construción do primeiro ciclotrón alemán (1944). Gañou o Premio Nobel de Física de 1954, que compartiu con Max Born.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Oranienburg, Brandenburgo -
Deceso
Lugar : Heidelberg