Botnia, golfo de

Botnia, golfo de

Golfo do Mar Báltico situado entre Suecia e Finlandia. Cunha extensión de 668 km de largo e 240 km de ancho, e unha profundidade entre 50 e 100 m. Destacan o grupo das illas Aland situados na entrada, os illotes (schären) pegados á costa e os bancos de area que fan case imposible a navegación. Distínguense dúas partes; ao N, Bottenvik (cunha profundidade máxima de 126 m), e, ao S, Bottenha (coa máxima profundidade do golfo con 294 m). Todas as aguas de Finlandia e N de Suecia desembocan neste golfo, entre outros, os ríos Oulu, Kemi, Torne, Pite, Lule, Ume, Ågerman e Lyungan. Os portos principais son Härnösand, Luleå, Sundsvall e Gävle en Suecia, e Pori, Vaasa e Oulu en Finlandia.