botriocefalose

botriocefalose

(< botrio- + -cefalose)

s f [PAT]

Helmintiase provocada pola presenza do botriocéfalo no intestino. A infección cursa ás veces de forma asintomática; noutras, causa trastornos dixestivos vagos (diarrea, anorexia, náuseas e vómitos). Pode provocar anemia debido ao consumo competitivo de vitamina B12.

Palabras veciñas

botrio | botrio- | botriocéfalo | botriocefalose | botrioide | botriolita | botriomicoma