botriomicoma

botriomicoma

(< botrio- + -micoma)

s m [PAT]

Tumor benigno da pel, pedunculado, de crecemento rápido e facilmente sangrante, duns 5 a 10 mm de diámetro, que aparece frecuentemente despois de pequenos traumatismos nas mans, pés, labios, cabeza e tórax. Denomínase tamén granuloma telanxiectásico ou granuloma pióxeno.

Palabras veciñas

botriocefalose | botrioide | botriolita | botriomicoma | botriomicose | botriquiácea | botrite