botrite

botrite
s f [BOT]

Enfermidade das plantas causada en xeral polo fungo Botrytis cinerea e que se ve favorecida por unha elevada humidade do ambiente. Tamén pode ser producida por outros fungos do xénero Botrytis ou do xénero Sclerotinia. En xeral, a vía de penetración son as feridas, e as partes mortas ou vellas da planta, as primeiras en infectarse. Os síntomas son podremia branda de cor marrón escura en froitos e flores; e sementes, brotes novos e follas que se murchan. Tamén se denomina podremia gris ou simplemente podremia. Nalgunhas variedades de uvas resistentes (Semillon, Riesling, Furminto, etc), se a colle no momento adecuado, provoca nela unha pasificación e unha adquisición de características que dá orixe ás uvas coas que se fan os famosos viños de podredume nobre ou branca, como o Sauternes-Barsac, o Tokay e os de vendimas tardías de Alsacia e Alemaña, entre outros.

Palabras veciñas

botriomicoma | botriomicose | botriquiácea | botrite | Botrychium | Botryllus | Botrytis