Boucher, François
Boucher, François
Pintor e debuxante, discípulo de François Lemoyne. O encargo de gravar 125 debuxos de Watteau permitiulle estudar o estilo deste artista. Viviu en Italia entre 1727 e 1731. En 1734 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture, da que foi director en 1765. En 1763 foi nomeado primeiro pintor do Rei. Encargouse da dirección artística das manufacturas reais dos Gobelins e de Beauvai. Creou, xunto con Watteau, a mitoloxía galante que contiña os temas máis importantes da pintura do Rococó (O baño de Diana). Tivo como discípulo a Jean-Honoré Fragonard.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso