Boullón Agrelo, Ana Isabel
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua e no proxecto PATROM (Patronymica Romanica) para a elaboración do Ditionnaire historique des noms de famille romans. No eido da literatura realizou en 1989, xunto a Fernando R. Tato Plaza, a edición de Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo. Como tradutora é a responsable da versión galega da novela xuvenil Un ordenador nada ordinario (1990), de Michele Kahn.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Pobra do Caramiñal