Boulongne ou Boullongne
Boulongne ou Boullongne
Familia de pintores e gravadores parisienses dos ss XVII e XVIII. Louis Boulongne o Vello (París 1609 - 1674), estudiou en Roma e foi un dos fundadores da Académie. O seu fillo, Bon Boulongne o Maior (París 1649 - 1717), decorou as capelas de san Xerome e santo Ambrosio, na igrexa dos Inválidos de París. Louis de Boulongne o Novo (París 1654 - 1733), foi director da Académie e primeiro pintor do rei. Traballou no palacio de Versailles. As súas irmás, Geneviéve Boulongne (1645-1708?) e Madelaine Boulongne (1646-1709?), tamén cultivaron a pintura e foron membros da Académie.