Bourse, Guillem

Bourse, Guillem

Cerralleiro, orfebre e reloxeiro francés. Asentado en Santiago de Compostela dende 1522, foi reloxeiro da cidade. Para a súa catedral forxou as desaparecidas reixas da capela maior e do coro (1540), as das capelas de Alba ou da Transfiguración (1531) e Santa Caterina (1545) e as aínda conservadas da capela Mondragón. Fixo tamén as reixas da antiga porta do Obradoiro (1522). Fabricou reloxos e outras obras de ourivería para o Hospital Real, para o mosteiro de Santa Clara realizou a reixa do locutorio (1541), e distintos traballos de cerralleiro no colexio de Santiago Alfeo (1544), no mosteiro de Monfero (1535) e no palacio da Real Audiencia da Coruña (1540).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela