Boutros Ghali, Boutros
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade do Cairo (1946), doutorouse en 1949 pola Universidade de París, onde tamén realizou estudios de Política, Económicas e Dereito público. Foi profesor de Dereito internacional e de relacións internacionais na Universidade do Cairo (1949-1977). Exerceu tarefas directivas en diversas organizacións políticas e diplomáticas. Membro do secretariado do Partido Democrático Nacional dende 1980, foi deputado no Parlamento exipcio en 1987 e vicepresidente da Internacional Socialista. Participou como membro da delegación exipcia que negociou os Acordos de Camp David (1979) e representou ao seu país na Organización da Unidade Africana (OUA) e no Movemento de Países non-Aliñados. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1977-1991) e viceprimeiro ministro para os asuntos exteriores (1991). Desde 1992 ata 1996 foi secretario xeral das Nacións Unidas. É doutor honoris causa por diversas universidades entre as que se atopa a Universidad Carlos III de Madrid (1994). É autor de numerosas publicacións de tema político centradas en África e no mundo árabe: Contribution à l’étude des ententes regionales (Contribución ao estudo dos acordos rexionais, 1949), Le principe d’ègalité des états et les organisations internationales (O principio de igualdade dos estados e as organizacións internacionais, 1961), Les conflits de frontières en Afrique (Os conflitos das fronteiras en África, 1975).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : O Cairo