Boutroux, Émile

Boutroux, Émile

Filósofo francés. De tendencias positivistas e espiritualistas, entre as súas obras destacan: De la contingence des lois de la nature (Sobre a continxencia das leis da natureza, 1874) e Études d’historie de la philosophie (Estudios de historia da filosofía, 1897). A partir dunha análise reflexiva das condicións de intelixibilidade destacou a continxencia fronte ao mecanicismo. Foron discípulos seus Bergson e Blondel.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Montrouge

  • Deceso

    Lugar : París