Bouza Álvarez, Fermín

Bouza Álvarez, Fermín

Poeta e narrador. Doutor en Filosofía, catedrático de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense e na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia. Publicou traballos de investigación relacionados coa súa especialidade como Procedimientos retóricos del cartel (1983), Sociología contemporánea. Ocho temas a debate (1984) e Cambiar de vida: pautas para superar los conflitos y las crisis personales (1998). A súa dedicación á literatura comezou nos anos oitenta con colaboracións poéticas en Grial, e en 1980 publicou a novela Memoria do diaño, á que seguiron as dúas novelas breves contidas en Longo voo de paxaro (1987). En verso é autor dos poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1987), co que acadou o Premio da Crítica Española en 1990. En castelán, ademais de ser finalista nas tres edicións do Premio Ocnos, publicou a novela Las bodas secretas de Lilia (1991).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela