Bouza-Brey, Luís

Bouza-Brey, Luís

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Cultivou a poesía en galego e colaborou co seu irmán Fermín Bouza-Brey na recompilación Cancioneiro das ribeiras do Tea. Publicou traballos histórico-xurídicos, entre os que destacan Supervivencias do dereito consuetudinario xermánico no costumario luso-galaico (1960). Colaborou na publicación Guión. Semanario reprublicano de política-cultura información e publicou “Memorante biografía humán i apasionada de Ramón Cabanillas Enríquez” (1961), no Boletín de la Real Academia Gallega.