Bouzón

Bouzón
  1. [ONOM]

    Bouza.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas escudo acuartelado: primeiro cuartel, en campo de azul, unha torre de prata sobre media roda de muíño do mesmo metal e acompañada de tres lises de ouro mal ordenadas; segundo cuartel, en campo de ouro, cun león da súa cor natural; terceiro cuartel, en campo de ouro, con tres bandas de goles; cuarto cuartel, en campo de azul, dúas estrelas de ouro postas en faixa, superadas de dous castelos do mesmo metal.