bóveda
(
-
[ARQUIT]
-
s
f
Construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
Ex: A bóveda da igrexa estaba decorada con frescos.
Confrontacións: cúpula. -
bóveda anular
Bóveda de canón montada sobre paredes circulares concéntricas.
-
bóveda avenerada
Bóveda que ten forma de cuncha de vieira.
-
bóveda calada
Bóveda traballada por calados.
-
bóveda claustral/esquifada
Bóveda formada pola intersección de dúas bóvedas de canón sobre un soporte continuo, cadrado ou rectangular. Ten catro panos triangulares esféricos e arestas entrantes.
-
bóveda de abano/palmeada
Bóveda na que os nervios semellan varas dun abano ou pólas dunha palmeira.
-
bóveda de arcos entrecruzados
Bóveda de orixe musulmana, formada polo cruzamento de arcos que non pasan polo centro.
-
bóveda de aresta
Bóveda que resulta do cruzamento perpendicular de dúas bóvedas de canón da mesma frecha.
-
bóveda de canón
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo do seu eixe lonxitudinal.
-
bóveda de canón apuntado
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco apuntado ao longo dun eixe lonxitudinal.
-
bóveda de crucería/nervada/de oxivas
Bóveda que ten as arestas reforzadas por nervios. Se só ten dous nervios diagonais chámase simple ou sinxela.
-
bóveda de cuarto de canón
Bóveda xerada pola metade dun arco de medio punto.
-
bóveda de forno/cuarto de esfera
Bóveda que consta dun cuarto de esfera e que, polo xeral, cobre o espazo dunha ábsida semicircular.
-
bóveda de media lúa
Bóveda de medio canón que é atravesada perpendicularmente por outra de menor frecha.
-
bóveda de medio punto
Bóveda de canón con arco de medio punto.
-
bóveda de pallabarro
Bóveda feita con barro e canas.
-
bóveda de panos
Bóveda semellante á esquifada, pero que pode levantarse sobre calquera planta poligonal, sobre todo a octogonal.
-
bóveda de xeso
Bóveda formada por materiais de pouco peso recubertos de xeso.
-
bóveda estrelada
Bóveda con forma de estrela.
-
bóveda esvaída
Bóveda esférica que está cortada por catro planos verticais e perpendiculares entre si.
-
bóveda helicoidal/de san Xil
Bóveda que cobre unha escaleira de caracol e ascende por ela.
-
bóveda peraltada
Bóveda xerada por un arco peraltado.
-
bóveda rebaixada
Bóveda de canón con sección que non chega a ser de media circunferencia xerada por un arco rebaixado.
-
bóveda sexpartita
Bóveda de crucería que ten en cada tramo unha división en seis compartimentos xa que ademais dos nervios diagonais, leva outro transversal que pasa pola clave, xunto a dous arcos formeiros que ten a cada lado.
-
bóveda tabicada
Bóveda formada por tixolos colocados de plano, amosando a cara maior.
-
falsa bóveda
cúpula.
-
s
f
-
s
f
Lugar subterráneo nas igrexas para enterramento dos cadáveres.
-
bóveda cranial
[ANAT]
Conxunto de ósos (frontal, occipital, parietais e temporais) que protexen o encéfalo.
-
bóveda palatina
[ANAT]
Parte posterior e branda do padal.
-
bóveda celeste
[ASTRON]
ceo.