Bóveda Bentrón, Carlos
Pintor e debuxante. En 1958 recibiu unha bolsa da Deputación Provincial da Coruña para facer estudios na Real Academia de San Fernando de Madrid. A súa pintura, realista e expresiva que representa imaxes de Galicia, caracterízase polo xogo das cores, a riqueza de matices e o uso dunha pincelada dinámica. En 1948 ingresou como decorador en Cerámica Celta, onde tomou contacto coa obra de Castelao, Asorey, Acuña e Maside. En 1957 expuxo por primeira vez en Padrón e en 1958 representou á Coruña no Certamen Nacional de Especialización y Orientación Artística, celebrado en Madrid. Durante 1961 colaborou nos xornais Faro de Vigo e La Noche como ilustrador e debuxante humorístico. En 1962 emigrou a Bos Aires onde desenvolveu unha pictórica marcada polo tratamento da paisaxe. En 1968 colaborou na Primeira Feira de Artesanía Galega organizada polo conxunto artístico galego Breogán. En 1987 regresou a Bos Aires. Xa en 1992 creou a Sociedad de Artistas Hispano-Argentinos (SAHIA). Entre as súas obras salientan: Panxoliñas (1997), Axexando (1997), Auga da fonte (1997), Durmindo no palleiro (1997) e Xan co seu neto (1998). Participou nas mostras colectivas: Exposición Provincial de Arte (1958), Catro pintores de estirpe galega (1964) e Artistas Gallegos (1994).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontecesures