Boyd-Orr, John
Boyd-Orr, John
Científico británico, primeiro barón de Brechin. Estudiou a erosión do solo e o desenvolvemento da metodoloxía agrícola moderna, especializándose en Dietética. Rector e chanceler da Universidade de Glasgow (1942-1946), foi presidente da FAO (1945-1948). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1949 polos seus esforzos por eliminar a fame no mundo. Escribiu: Food, health and income (Alimentos, saúde e ingresos, 1936), Food and the people (A alimentación e a xente, 1943), The white man’s dilemma (O dilema do home branco, 1953) e As i recall (Como eu reclamo, 1966).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kilmaurs, Ayrskire -
Deceso
Lugar : Edzell, Angus