Brabío, San Martiño de
Brabío, San Martiño de
Igrexa parroquial situada en Betanzos. Ten nave gótica e ábsida rectangular románica, datada cara ao 1175 e cuberta cunha bóveda de canón semicircular. O arco triunfal é de medio punto, con columnas acaroadas de bases áticas e capiteis vexetais de colariño sogueado. No exterior da ábsida destacan dous canzorros: un representa a un músico tocando unha viola e noutro están dous contorsionistas ou unha escena de cópula. As portas occidental e setentrional da nave son apuntadas, sen columnas, e foron construídas a finais do s XIII ou principios do XIV.