Bracara Augusta

Bracara Augusta

Cidade romana que apareceu tralas guerras astur-cántabras (29-19 a C), arredor do ano 25 a C. O Emperador Octavio Augusto, despois das campañas nas que someteu os pobos do norte da Penísula, fundou a cidade no territorio Entre-Douro-e-Minho, aproveitando a estratéxica situación da que dispuña entre os núcleos indíxenas da rexión. A composición do nome da cidade inclúe a presenza do nome do populus ao que pertence, os Bacari. Foi capital do convento denominado Bracaraugustano, no Baixo Imperio, e xunto cos conventos lucense e asturicense, formou a provincia da Gallaecia. Xa a principios da era cristiá converteuse na capital do reino suevo. Corresponde á actual Braga, no Norte de Portugal.