Bracelli, Giovanni Battista

Bracelli, Giovanni Battista

Pintor e gravador italiano. Coñecido polos seus gravados á augaforte Bizzarrie di varie figure (Extravagancias de varias figuras, 1624). Foi revalorizado polos surrealistas, xa que para compoñer as formas humanas utilizaba elementos xeométricos, mecánicos ou naturais.