Brachiosaurus
Brachiosaurus
[PALEONT]
Xénero de dinosauros saurópodos da familia dos braquiosáuridos, propios de finais do Xurásico. Podían acadar ata 23 m de lonxitude, unha altura de 13 m e un peso aproximado de 80 toneladas (equivalente a 12 machos de elefantes africanos). O esqueleto era lixeiro, con vértebras flexibles e articuladas. A cabeza, moi pequena en proporción co corpo, tiña un fociño ancho e plano con dentes puntiagudos. Os xacementos principais están localizados en America do Norte e África.