braga
braga
(< lat braca)
-
s
f
Prenda interior feminina axustada ao corpo que cobre dende a cintura ata as inguas, con dúas aberturas na parte inferior por onde pasan as pernas. OBS: Úsase habitualmente en plural.
Ex: Agasalláronme cunhas bragas como regalo de aniversario.
-
s
f
Nalgúns animais como os porcos, as vacas, os cabalos, etc, parte posterior do ventre que inclúe tamén a parte interior do comezo das coxas.
Ex: Este touciño é o da braga do porco.