Braga, Sonia

Braga, Sonia

Actriz brasileira. A súa primeira aparición remóntase a 1969 en O bandido de luz vermelha. Realizou series de televisión e acadou o seu primeiro papel protagonista na telenovela Gabriela (1975) que foi levada ao cine en 1983. Participou noutras series de televisión como Saramandaia (1976), Chega Mais (1980), The man who broke 1.000 chains (O home que rompeu 1.000 cadeas, 1987) e Força de um desejo (1999). Participou, entre outras, nas seguintes películas: Eu te amo (1981), Kiss of the spider Woman (O bico da muller araña, 1995), Tieta do Agreste (1996), da que foi coprodutora, e Angel Eyes (Ollos de anxo, 2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Paraná