Bragado Ruiz, Dalmacio

Bragado Ruiz, Dalmacio

Sindicalista. Militante da Confederación Nacional del Trabajo (CNT). Asentouse en Vigo en 1923 e, ao pouco de chegar, viuse implicado no conflito da construción e no estoupido dunha bomba na Casa do Pobo, feito polo que ingresou no cárcere. Durante a Segunda República traballou xunto aos boteiros do porto e no artellamento do Sindicato del Transporte Marítimo. Colaborou no voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Solidaridad Obrera, e no xornal madrileño CNT. Escribiu Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo (1933), relato da folga dos mariñeiros da flota de altura, acontecida no segundo semestre de 1932.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bilbao

  • Deceso

    Lugar : Vigo