Brage, Luís
Brage, Luís
Músico, fillo de violonchelista. Dedicouse á música de maneira autodidacta, chegando a abranguer unha formación polifacética. Reivindicou un conservatorio para a súa cidade pero, ao vivir nun ámbito pechado e por mor da súa timidez, a súa figura apenas chegou a trascender. Tivo como discípulos a Roxelio Groba, Maximino Zumalave, Joam Trillo ou Xosé V. Ferreirós, un dos membros do grupo Milladoiro. Entre a súa produción musical destacan dous títulos: Amor enxebre e Follas novas, peza moi coñecida polas bandas de música. Para compoñer Follas novas botou man de numerosos temas melódicos de Galicia, sen chegar a desenvolvelos, pois en calquera atopaba variacións abondo para compoñer unha nova obra.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso