Bragg, William Lawrence

Bragg, William Lawrence

Físico inglés, fillo de William Henry Bragg. Traballou co seu pai, con quen estableceu a lei de Bragg. Substituíu a E. Rutherford como profesor na Universidade de Manchester e como director do laboratorio Cavendish de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu pai en 1915. É o autor de The Crystalline State (O estado cristalino, 1934), Electricity (Electricidade, 1936) e Atomic Struture of minerals (Estrutura atómica dos minerais, 1937).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Adelaide

  • Deceso

    Lugar : Ipswich, Suffolk