brahman*

brahman*
s m [FILOS/RELIX]

Concepto fundamental da metafísica do Hinduísmo co que se designa o Absoluto. Inicialmente designaba pregaria, himno, fórmula máxica e coñecemento sagrado, e chegou a ser un principio cósmico absoluto e universal identificado co paramaātman; converteuse na única realidade, centro de especulación dos Upanishad, obxecto de meditación e fin do progreso intelectual.