Brāhmana

Brāhmana
[LIT/RELIX]

Colección de obras en prosa que constitúen unha serie de comentarios e ampliacións dos Vedas. Escritos entre o 700 e o 600 a C, conteñen comentarios dos himnos védicos, coa descrición dos rituais dos sacrificios e pregarias. Servían de guía para o ritual dos brahmáns. Deron lugar a unha corrente postvédica, caracterizada por unha evolución cara ao ritualismo e relacionada cun crecemento do poder sacerdotal. Son os escritos en prosa máis antigos dunha lingua indoeuropea, aínda que non teñen mérito literario.