Brais

Brais
[ONOM]

Prenome masculino procedente do latín Blasius, alcume romano de orixe escura, posiblemente procedente do latín blaesus ‘tatexo’ que, á súa vez, deriva do grego blaisós (βλαισός) ‘coas pernas para fóra’. Como moitos outros alcumes latinos indicaba, nun principio, un defecto físico. Outra variante deste nome é Bras, forma que aínda pervive en castelán. San Brais, bispo da cidade armenia de Sebaste (s IV), con sona de taumaturgo e curandeiro, foi martirizado baixo Diocleciano. En Galicia é titular de dúas parroquias e invócase para sandar os males da gorxa e dos oídos. San Brais é titular de dúas parroquias e celébrase o 3 de febreiro.