Bram
Bram
Cidade de Languedoc, Occitania, no departamento de Aude, Francia (2.899 h [1990]). En 1939 instalouse nesta cidade un campo de concentración para os refuxiados republicanos da Guerra Civil española, organizado en nove grupos de casetas, onde foron internados entre trinta a corenta mil homes, civís e militares.