Branagh, Kenneth
Actor e realizador cinematográfico británico. Formouse na Royal Academy of Dramatic Art de Londres (RADA), onde se graduou en 1981, carreira que continou na Royal Shakespeare Company. En 1987 fundou, con David Parfitt, a Renaissance Theatre Company, coa que conformou un repertorio de clásicos da literatura dramática universal, prestando especial atención á obra de William Shakespeare, e na que presentaba un conxunto de espectáculos nos que amosaba as súas calidades de actor e director. Interesado pola televisión e o cine, en 1988 estreou a película Henry V, pola que recibiu múltiples premios e varias nominacións para os Oscars de Hollywood. Como director de cine realizou tamén: Dead again (Volver morrer, 1991), Mary Shelley´s Frankenstein (Frankenstein de Mary Shelley, 1994) e Traballos de amor perdidos (2000).
Cronología
-
Nacemento