Brâncuşi, Constantin

Brâncuşi, Constantin

Escultor de orixe romanesa. Pertenceu á escola de París. Logo dun período de iniciación en Bucarest (1887) e París (1906), liberouse de todo tipo de academicismo grazas á influencia de Auguste Rodin quen o invitou a traballar con el en 1906. Decidiu seguir traballando sobre unha liña estética relacionada co Cubismo e coa obra de Amadeo Modigliani, influída polas concepcións relixiosas budistas. Consistía nunha vontade de concisión e redución dos volumes a tipos esenciais e arquetípicos que eran expresados en series modulares dunha gran forza expresiva. A súa obra relaciónase pola súa elementalidade e primitivismo coa arte africana e as culturas primitivas. A partir de 1906 comezou a participar en exposicións. Entre as súas obras destacan Prometeo (1911), O bico (1908), Columna sen fin (1933) e O espírito de Buda (1933). En 1956 realizáronse exposicións retrospectivas da súa obra no Guggenheim Museum de Nova York e no Museum of Art de Philadelphia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pesti&#

  • Deceso

    Lugar : París