Brandenburgo, casa de
Brandenburgo, casa de
Casa margravial do Sacro Imperio. Foi rexida por catro dinastías; primeiramente, os ascanios de Weimar (1134-1320), que se dividiron en dúas ramas, Brandenburgo-Stendal-Tangermünde, extinguida no 1320, e Brandenburgo-Stargard-Salzwedel, extinguida en 1317; logo os Wittelsbach de Baviera (1320-1373); os Luxemburgo (1373-1415) e, por último, os Hohenzollern de Nuremberg (1415-1918). Estes últimos conseguiron a dignidade dos príncipes-electores do Sacro Imperio (1417). Desta última dinastía naceron varias liñas, a principal reinou en Prusia e as secundarias en diversos principados do Imperio: Brandenburgo-Bayreuth, despois chamada Brandenburgo-Culumbach; Brandenburgo-Ansbach e Brandenburgo-Schwedt; estas, ao se extinguiren, pasaron a Prusia.