brando -da

brando -da

(< lat blandu ‘tenro’)

  1. adx

    Que se deforma facilmente ao exercer presión ou que se corta con facilidade.

    Ex: Non me gusta o pan tan brando.

  2. adx
    1. Referido a cousas inanimadas, que ten ou indica pouca enerxía e vigor.

      Ex: Non me parece que fose bruto, usou expresións moi brandas cando falou con el.

      Sinónimos: lene.
    2. Aplicado a persoas, que non ten dureza, forza, vontade ou enerxía ou que cede con facilidade ante os desexos ou argumentos dos demais.

      Ex: É un xogador moi rápido, pero tan brando que lle custa aguantar todo o partido. Sempre foi moi brando á hora de enfrontarse ós problemas.

  3. adx

    Que presenta tenrura e suavidade ao tacto.

    Ex: O tecido era moi brando.

  4. adx

    En música ou poesía, agradable ao oído.

    Ex: No concerto interpretaron música moi branda.

  5. adx

    Tratándose dunha enfermidade, dor que molesta pouco, que non produce gran malestar.

    Ex: Este inverno pasei varias gripes, pero todas brandas.

  6. adx

    Referido ao paso, que é descansado, lento ou pausado.

    Ex: Co paso tan brando que levas imos tardar máis dunha hora en chegar.

  7. adx

    Aplicado ás drogas, as que comportan menor adición e son menos prexudiciais para a saúde.

    Ex: Na actualidade non é ilegal o consumo de drogas brandas en moitos países.

  8. adx

    Referido a un mineral, que pode ser riscado con facilidade por outro.

    Ex: O xeso é un mineral moi brando.

  9. adx m [ALIM]

    Característica dos viños baixos en acidez e faltos de frescura.

    Ex: Os viños desta comarca caracterízanse por ser moi brandos.

  10. adx [ECON]

    Aplícase ao crédito que ofrece condicións vantaxosas de interese e prazos.

    Ex: A Xunta concedeu créditos brandos para a rehabilitación de vivendas. Na tradición recóllese: A branda resposta, a ira creba; a dura, espértaa.

Frases feitas

  • Andar brando de ventre. Padecer diarrea.

  • Brando como a manteiga. Persoa que é amable.

  • Brando como as ortigas. Que parece brando e resulta áspero.

  • Máis brando ca unha seda. Que se mostra compracente en extremo.

Palabras veciñas

branding* | brandir | Brandl, Petr | brando -da | Brando, Marlon | brandoeiro | Brandomil