Brando, Marlon

Brando, Marlon

Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Formado no célebre Actor’s Studio de Nova York, a súa traxectoria teatral principiou co espectáculo A streetcar named desire (Un tranvía chamado desexo, 1951), presentado en Broadway en 1947, con dirección de Elia Kazan e considerado como unha exemplificación paradigmática do que Lee Strasberg denominaría “o método”, adaptación americana das ensinanzas de Konstantin Stanislavsky. Aínda que a súa reputación lla debe aos seus traballos cinematográficos, á súa sólida formación e capacidades interpretativas teñen unha base teatral. Converteuse nun mito grazas á interpretación de obras de gran espectáculo (cine de autor aparentemente inconformista). Cómpre destacar algúns traballos da súa primeira época: The Men (Os homes, 1950), Viva Zapata (1952), Julius Caesar (Xulio César, 1953), The wild one (Salvaxe, 1953). Outras películas destacadas son: The godfather (O padriño, 1972), Last tango in Paris (O último tango en París, 1972), Apocalypse now (A actual apocalipse, 1979), A Dry White Season (Unha estación branca seca, 1989), Don Juan de Marco (1995) e The brave (O valeroso, 1997). Como realizador dirixiu One-eyed jacks (A cara oculta, 1961).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Omaha, Nebraska