branquiópodo -da
(
-
adx
Que pertence á clase dos branquiópodos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da clase dos branquiópodos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de crustáceos de tegumento moi pouco calcificado, que presenta as primeiras antenas e as segundas maxilas reducidas, e as patas aplanadas como filopodios; estas constitúen o órgano respiratorio e son empregadas tamén para filtrar o alimento e para o desprazamento (agás nos cladóceros, que empregan as antenas). Son fundamentalmente propios das augas continentais e representan unha parte esencial do plancto das augas doces. Durante a época cálida, a poboación aumenta coa produción de femias por partenoxénese; sen embargo, en condicións desfavorables aparecen por meiose machos, de xeito que os ovos poden ser fecundados. Isto é moi importante para a súa supervivencia, xa que estes ovos fecundados teñen gran capacidade de resistencia ao medio adverso. Distínguense catro ordes: os anostráceos, que non presentan cuncha; os notostráceos, nos que a cuncha forma un ancho escudo dorsal; os concostráceos, cunha cuncha bivalva que agocha o resto do corpo; e os cladóceros, cunha cuncha da que sobresae a cabeza do animal.