branquiúro -ra

branquiúro -ra

(< branqui- + gr οὐρά ‘cola’)

  1. adx

    Que pertence á subclase dos branquiúros.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da subclase dos branquiúros.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos que engloba individuos de entre 5 e 10 mm de lonxitude que parasitan peixes mariños e de auga doce. Teñen o corpo aplanado, cunha cuncha cefalotorácica en forma de escudo que protexe a cabeza e os tres últimos segmentos torácicos, catro apéndices torácicos birrameados para a natación e un abdome curto sen segmentar. As maxilas están transformadas nun par de ventosas que aseguran a adhesión ao hóspede.

Palabras veciñas

branquiómero | branquiópodo -da | branquitenia | branquiúro -ra | Brant, Sebastian | Branta | Brántega