branquiúro -ra
branquiúro -ra
(< branqui- + gr οὐρά ‘cola’)
-
adx
Que pertence á subclase dos branquiúros.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da subclase dos branquiúros.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos que engloba individuos de entre 5 e 10 mm de lonxitude que parasitan peixes mariños e de auga doce. Teñen o corpo aplanado, cunha cuncha cefalotorácica en forma de escudo que protexe a cabeza e os tres últimos segmentos torácicos, catro apéndices torácicos birrameados para a natación e un abdome curto sen segmentar. As maxilas están transformadas nun par de ventosas que aseguran a adhesión ao hóspede.