Brañas, Santa Mariña de

Brañas, Santa Mariña de

Igrexa parroquial situada en Toques. Románica de finais do s XII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular prolongada cara ao L cunha sancristía engadida posteriormente. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e de gran luz, non está sostido por columnas, senón polo propio muro, a través dunha imposta adornada con motivos vexetais moi estilizados.