Boletín de Vigo

Boletín de Vigo

Publicación bisemanal de significación liberal, editada en Vigo dende decembro de 1840. Naceu pola iniciativa do editor Sebastián Iguereta, unha vez clausurado o Boletín Oficial de la Provincia de Vigo, que se viña editando dende o 12 de outubro de 1840, e como órgano de opinión da Junta de Gobierno da cidade. De feito, foi unha continuación do anterior boletín, pero xa despoxada de todo carácter oficial. Tivo unha vida efémera, pois cesou ao pouco tempo da súa fundación.