Boletín de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago de Compostela
Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”, entre as que figuraba publicidade de diferentes librerías. En 1927 reapareceu este boletín despois de catro anos de forzada interrupción, ata o cese definitivo no ano 1929.