Braşov
Braşov
Capital do judeţ homónimo, en Transilvania, Romanía (317.772 h [1997]). É un núcleo industrial e turístico dos Alpes de Transilvania. Fundada en 1211 polos cabaleiros da orde Teutónica, converteuse nun dos centros de colonización xermánica en Transilvania. Posteriormente se transformou nun centro cultural de grande importancia, sobre todo a partir do s XVI, cando se instalaron as primeiras imprentas. En 1918 pasou a formar parte de Romanía. A cidade recibiu o nome de Stalin entre 1950 e 1960.