Brassens, Georges
Cantautor. Autodidacta, coñecía a fondo a poesía francesa, que musicou con frecuencia (Villon, Verlaine e Victor Hugo, entre outros). Militou en grupos anarquistas (1946), e a temática da súa obra conservou un ton ácrata, arremetendo en contra da orde establecida; as súas posicións pacifistas, anticlericais, contrarias á pena de morte, fan que a súa obra sexa comprometida e con gran difusión durante a década dos setenta. Compuxo música de raíz popular e as súas letras, caracterizadas pola tenrura e a ironía, teñen un gran rigor técnico baixo unha aparencia ás veces vulgar, empregando a miúdo palabras das xergas; os temas tratados son o amor, a morte, a amizade, a existencia de Deus ou a violencia que deben soportar os seres marxinados. Destacan os títulos La mauvaise réputation (A mala reputación, 1952), Les amoreux des bancs publics (Os amantes dos bancos públicos, 1952) ou Margot (1952). Publicou a peza teatral Les amoureux qui écrivent sur l’eau (Os namorados que escriben sobre a auga, 1954). Obtivo o Premio de poesía da Academie Française (1967).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Seta, Languedoc -
Deceso
Lugar : Sant Geli, Languedoc