Brassica
Brassica
[PLANTA]
Xénero de plantas da familia das brasicáceas, de flores con catro pétalos brancos ou amarelos e froito en silicua con bico. En Galicia son comúns: B. nigra, coñecida co nome de xebra; B. oleracea, da que se coñecen varias formas cultivadas englobadas baixo a denominación de col; e os nabos das especies B. rapa e B. napus.