Bravos
Bravos
Río afluente do Landro pola esquerda. Nace na parroquia de Bravos, concello de Ourol. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que penetra no concello de Viveiro pola parroquia de Galdo, na que desemboca logo dun percorrido duns 8 km.