Brea Pasín, Arturo
Escultor e debuxante. Estudiou ata 1947 na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e despois na Escola do Traballo. Foi aprendiz en 1944 con Marcelino Pena, e en 1946 comezou a traballar como tallista en Manufacturas Compostelanas. Axudado pola Deputación da Coruña trasladouse a Madrid, onde foi alumno de Asorey. Traballou a madeira, o marfil e o acibeche, e realizou exposicións en Galicia, Alemaña, Francia, EE UU, Exipto e Tunes. Participou no Annuaire International des Artes Plastiques da UNESCO. A súa obra foi galardoada en diferentes ocasións: primeiro premio e medalla de ouro no concurso provincial de arte de Lugo en 1949, segunda medalla rexional de escultura na Coruña en 1949 e segunda medalla do certame provincial de escultura de Santiago de Compostela en 1950. O 2 de marzo de 1963 foi nomeado académico de número da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela