Breda
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca da Selva (3.243 h [1996]). As terras de cultivo ocupan case toda a superficie; predomina a agricultura de secaño sobre a de regadío. A actividade gandeira tamén é destacable, estando moi desenvolvida e tecnificada; así, por exemplo, as reses permanecen estabuladas en granxas. Os principais armentíos son o porcino e o constituído polas aves de curral. Ten unha gran tradición industrial, especialmente oleira; na fin do s XVIII había alí 144 mestres oleiros e unha gran parte da produción comercializábase en América. Outra das súas funcións é a turística, pois é un importante núcleo residencial estival. A vila está formada ao redor do antigo mosteiro beneditino de Sant Salvador de Breda: a súa igrexa, convertida en templo parroquial, foi restaurada despois da Guerra Civil española.