Bréhier, Émile
Filósofo francés. Desempeñou os cargos de profesor de filosofía en diversos liceos (1900-1909) e nas universidades de Rennes (1909-1911), Bordeos (1912-1919) e Sorbonne de París (1920-1946). As súas reflexións teóricas centráronse nas cuestións formuladas pola filosofía da historia: a cuestión da existencia dunha filosofía cristiá, o problema da causalidade na historia da filosofía, e a periodización na historia da filosofía. Escribiu diversas obras sobre filosofía grega e medieval e sobre o idealismo alemán, entre as que destacan: Les idées philosophiques et religieuses de Philon d’Alexandrie (As ideas filosóficas e relixiosas de Filón de Alexandría, 1907), Histoire de la philosophie allemande (Historia da filosofía alemana, 1921) e Histoire de la philosophie (Historia da filosofía, 1926-1930).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bar -
Deceso
Lugar : Duc, Lorena -
Deceso
Lugar : París