Breixo
Breixo
(< lat val)
[ONOM]
Prenome masculino que podería estar relacionado con Bricio ou mesmo proceder de Blasius coma Brais e Bras, se ben tanto a iconografía como as avogacías de san Breixo e san Brais son distintas. O máis probable é que derive do nome latino Verissimus, superlativo de verus ‘certo’, que aplicado á persoa significaría ‘que conta sempre a verdade’; sería un caso máis de adxectivos superlativos convertidos en nomes propios como Máximo ou Felicísimo. Outra variante deste nome é Bréixome. O cambio gráfico do v etimolóxico en b, ten a súa orixe na continua vacilación entre as grafias b/v na antroponimia galega, como adoito se atesta na documentación medieval; así acontece, por exemplo, con Baliño